Camiño de navegación

Camiño de navegación

Publicador de contidos

null 8. PROTECCIÓN DE VÍTIMAS E DENUNCIANTES

8. PROTECCIÓN DE VÍTIMAS E DENUNCIANTES

Partindo da premisa de que ninguén pode quedar á marxe nun momento de máxima incerteza, convén transmitirlles seguridade ás persoas vulnerables, que poden ser vítimas de delitos ou denunciantes. A Administración de Xustiza debe prestarlles máis atención.

As oficinas de protección de vítimas que xa existen potenciaranse coas seguintes medidas:

  • Desenvolvemento e implantación da Lei orgánica de protección integral da infancia e da adolescencia fronte á violencia.
  • Desenvolvemento e implantación da Lei orgánica de garantía integral da liberdade sexual. Aliñamento normativo dos aspectos lexislativos referentes á protección das vítimas. Formación dos operadores xudiciais.
  • Análise do sistema de calidade desde a perspectiva das vítimas.

Protección do denunciante. A Directiva (UE) 2019/1937 do Parlamento Europeo e do Consello relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do dereito da Unión vaise traspoñer. O obxectivo é buscar a forma máis eficiente de facelo sen prexuízo das competencias sectoriais doutros organismos. Isto conseguirase regulando como recoller as denuncias de infraccións administrativas e penais das que se teña coñecemento con ocasión da prestación de servizos laborais e profesionais. Desta maneira, poderanse prever as irregularidades e evitarase que a corrupción e as malas prácticas xeren inseguridade xurídica e efectos antieconómicos.
 

Volver á lista