Camiño de navegación

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Atrás 19. MODELO DE REXISTRO CIVIL NOVO

19. MODELO DE REXISTRO CIVIL NOVO

A Lei 20/2011, de 21 de xullo, de Rexistro Civil, implica a implantación dun modelo de Rexistro Civil novo único en toda España. Este será informatizado e accesible electronicamente e levarano funcionarios públicos distintos dos que integran o poder xudicial do Estado. A súa estrutura organizativa recollerá unha oficina central, oficinas xerais e oficinas consulares. Isto implica a reestruturación da organización actual do Rexistro Civil en todo o territorio nacional.

O Rexistro Civil novo conforma un modelo distinto baseado no rexistro de persoas a través dunha base de datos persoais cun código de identificación que lles permitirá aos cidadáns acceder onde e cando queiran á súa «historia civil». O Rexistro Civil novo operará como unha organización administrativa cuxas resolucións finais se someterán a control xudicial.

O réxime de publicidade do Rexistro Civil articúlase a partir de dous instrumentos: a certificación electrónica e o acceso á información do rexistro. Con isto preténdese eliminar cargas que pesan sobre os cidadáns porque xa non será necesario solicitar certificacións para achegalas a trámites administrativos de ningún tipo.

Tras varias prórrogas da entrada en vigor prevista inicialmente, chegou o momento da súa implantación. Dado o tempo transcorrido desde a súa promulgación, vaise tramitar unha modificación legal para mellorar determinadas prescricións contidas na Lei 20/2011 desde o punto de vista técnico. A implantación desta Lei de Rexistro Civil nova implica a execución coordinada de numerosas actuacións nos ámbitos normativo, organizativo e tecnolóxico, así como a colaboración con múltiples organismos e administracións autonómicas.

Volver á lista