3. EDUCACIÓN XURÍDICA BÁSICA
Camiño de navegación

Camiño de navegación
Publicador de contidos
Atrás 3. EDUCACIÓN XURÍDICA BÁSICA

3. EDUCACIÓN XURÍDICA BÁSICA
Cada sociedade enfróntase aos seus conflitos dunha maneira concreta. Tal e como mostran as enquisas, a sociedade española é unha sociedade cohesionada que adoita solucionar as súas diferenzas sen recorrer aos litixios desde o primeiro momento. O diálogo previo aos recursos xudiciais é unha aproximación cultural moi arraigada que convén fortalecer.
O obxectivo do proxecto é integrar o marco de resolución de diferenzas no proceso formativo desde as primeiras etapas. Se se garante que as xeracións vindeiras son capaces de atallar conflitos con ferramentas como o diálogo, a conciliación e a mediación, a cohesión mellorará desde idades temperás.
Os cambios nos modelos educativos están a darlle máis peso á formación en competencias. Isto senta as bases adecuadas para avanzar neste sentido. As liñas fundamentais que se tratarán son as seguintes:
• Formación en dereitos, liberdades e responsabilidades adaptada aos distintos niveis educativos e a partir de primaria.
• Aprendizaxe da resolución de diferenzas facendo referencia ao sistema público de xustiza.
Os resultados deste proxecto veranse a medio e longo prazo, cando as xeracións que se formen cheguen á idade adulta.