Camiño de navegación

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Atrás 2. LINGUAXE ACCESIBLE

2. LINGUAXE ACCESIBLE

A linguaxe xurídica ten un marco propio, que se xerou ao longo do tempo. Sen renunciar ao rigor técnico, convén garantir unha maior accesibilidade para que a comprenda a cidadanía. A linguaxe é fonte de cohesión e pluralidade. Non pode contribuír á exclusión nin á consolidación das desigualdades sociais e territoriais.
Aproveitando o desenvolvemento dixital dos sistemas de xestión procesual e a aplicación da intelixencia artificial, incorporaranse melloras que garantan unha linguaxe accesible.

Claridade da linguaxe xurídica. 

O obxectivo é achegala á linguaxe cotiá e que a claridade facilite a economía das palabras e a redacción de textos máis claros e comprensibles.
Linguaxe clara nos documentos, comunicacións e formularios que lle remite a Administración de Xustiza á cidadanía. Unha gran parte dos documentos son modelos incorporados ao expediente xudicial e que se xeran por defecto.
Adaptación dos termos legais aos usos actuais da linguaxe mediante a revisión dos arcaísmos.
Emprego dunha linguaxe respectuosa coa cidadanía, cos profesionais e con todos os actores que interveñen nos procesos xudiciais.
Este impulso farase mediante a Comisión de Modernización da Linguaxe Xurídica en colaboración con institucións como a Real Academia Española (RAE).

Normalización lingüística na Administración de Xustiza. 

As linguas cooficiais deben estar presentes en todos os ámbitos da Administración para facilitar o acceso da cidadanía no idioma que prefira, sempre no marco da Constitución. As recomendacións do Consello de Europa para o desenvolvemento das linguas cooficiais en España apuntan na mesma dirección.
O obxectivo é que os operadores xurídicos e os usuarios poidan usar calquera das linguas oficiais como vehículo na Administración de Xustiza.
Este uso materializarase mediante a integración das linguas cooficiais nos modelos dos sistemas de xestión procesual e nas ferramentas de intelixencia artificial. Isto significa que serán linguas de uso habitual para a cidadanía e que calquera que queira exercer o seu dereito de acceso á xustiza poderá facelo en todas as linguas do Estado.
Por último, atallaranse os problemas de acceso á linguaxe das persoas con discapacidade psíquica, física ou sensorial grazas ao fomento da linguaxe sinxela e do braille. Isto desenvólvese no proxecto 7: accesibilidade de grupos vulnerables.
 

Volver á lista