Camiño de navegación

Destinatario e condicións de utilización do portal de Justicia2030

Justicia2030 é un dominio en internet propiedade do Ministerio de Xustiza que lle presta servizos á Secretaría de Estado do goberno.
Madrid
España

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO PORTAL Justicia2030

Os termos e condicións que se recollen neste aviso poden variar. Por iso, recomendámoslle que os volva revisar cando visite o portal de novo. O Ministerio de Xustiza non se responsabiliza dos danos e perdas que poida ocasionar o uso das ferramentas e informacións contidas en https://justicia2030.justicia.es no relativo á adopción de decisións sobre o inicio, desenvolvemento ou resultado de procedementos administrativos ou xudiciais de calquera índole. As ditas decisións deberanse contrastar nos xulgados, tribunais, fiscalías, centros, organismos ou dependencias competentes. En calquera caso, a información e os contidos desta web non poderán invocarse en ningún tipo de proceso. Deste xeito, o Ministerio de Xustiza non asume ningunha responsabilidade polas posibles discrepancias entre os documentos impresos da administración competente e a publicación electrónica nestas páxinas.

DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL E INDUSTRIAL

O deseño do portal, códigos fonte, logotipos, marcas e demais signos distintivos que contén son propiedade do Ministerio de Xustiza ou doutras entidades colaboradoras e contan coa protección dos dereitos de propiedade intelectual e industrial correspondentes. As imaxes e os demais elementos integrados no servidor do Ministerio de Xustiza tamén contan coa protección dos dereitos de propiedade intelectual e industrial correspondentes. Exclúense os artigos que poidan interpretarse como incluídos no artigo 13 do Real decreto lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o texto refundido da Lei de propiedade intelectual.

Queda totalmente prohibido o seu uso, reprodución, distribución, comunicación pública, transformación ou calquera outra actividade similar ou análoga salvo mediante autorización expresa do Ministerio de Xustiza. A licenza de uso dos contidos deste portal que se lle outorga ao usuario limítase á descarga do contido e ao seu uso privado, sempre que os ditos contidos se manteñan íntegros. Isto non se aplica no caso do antedito artigo 13.

O Ministerio de Xustiza manifesta o seu respecto polos dereitos de propiedade intelectual e industrial de terceiros. Por iso, se considera que este sitio vulnera os seus dereitos, pregámoslle que se poña en contacto connosco mediante a súa caixa do correo.

LIGAZÓNS OU HIPERLIGAZÓNS

O Ministerio de Xustiza facilítalle o acceso a outras páxinas web que consideramos que poderían ser do seu interese. O obxectivo das ligazóns limítase a facilitarlle a busca dos recursos que poidan interesarlle a través de internet. Porén, esas páxinas non son propiedade do Ministerio de Xustiza, que non revisa os seus contidos. Por iso, non pode facerse responsable destes, do funcionamento das páxinas ligadas ou dos posibles danos derivados do seu acceso ou uso.

O establecemento de ligazóns a unha páxina web non suporá ningún tipo de acordo, contrato, patrocinio nin recomendación por parte do Ministerio de Xustiza.

FRAMES

Autorízase a técnica dos framings nos termos recoñecidos na xurisprudencia europea e nacional que non vai en contra da mesma.

PRIVACIDADE

O Ministerio de Xustiza é responsable do tratamento dos datos persoais que recollan ou subministren as persoas interesadas mediante o portal https://justicia2030.justicia.es.

De conformidade coa normativa europea, principalmente co Regulamento (UE) 2016/679, de 27 de abril de 2016, sobre protección de datos persoais das persoas físicas, así como coa Lei orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, o Ministerio de Xustiza comprométese a tratar os datos persoais con lealdade e transparencia de cara ás persoas interesadas. Os datos recolleranse sempre con fins establecidos e lexítimos, así que serán pertinentes e limitaranse ao necesario tendo en conta os seus fins. Estes actualizaranse de inmediato, de maneira que o prazo de conservación limitarase ao tempo mínimo indispensable para o seu tratamento, agás en excepcións legais. O Ministerio de Xustiza garante a integridade e confidencialidade dos datos ofrecendo protección contra tratamentos non autorizados ou ilícitos e evitando a súa perda, destrución ou dano accidental, sen prexuízo de que as medidas de seguranza en internet non sexan inexpugnables.

Na sección de Atención cidadá desta páxina, hai un apartado concreto sobre a protección de datos.

O Ministerio de Xustiza conserva a facultade de modificar a presente política de privacidade para adaptala ás novidades lexislativas, xurisprudenciais ou de interpretación da Axencia Española de Protección de Datos. Nese caso, o Ministerio de Xustiza anunciará os ditos cambios indicando as modificacións efectuadas de forma clara e coa debida antelación e, se for necesario, solicitando a aceptación dos cambios.

LEI APLICABLE E XURISDICIÓN

No caso de disputa ou conflito na interpretación dos termos que conforman este aviso legal ou no relativo a cuestións acerca dos servizos do presente portal, a lexislación aplicable será a española.

O Ministerio de Xustiza e o usuario acordan someterse aos xuíces e tribunais do domicilio do usuario, sempre que se sitúe en territorio español, a fin de resolver os conflitos que poidan ocasionarse nas visitas ao portal ou no uso dos servizos que alí se oferten. Se o domicilio do usuario non está en territorio español, as partes someteranse aos xuíces e tribunais de Madrid.