Camiño de navegación

Camiño de navegación

Publicador de contidos

26. XUSTIZA BASEADA EN DATOS

26. XUSTIZA BASEADA EN DATOS

Os datos son un dos recursos máis valiosos nas sociedades actuais e desempeñan un papel fundamental na forma na que se administran os servizos públicos, ata o punto de ser o centro de calquera axenda política con vocación de transformación.

A incorporación da analítica de datos permite comprender inicialmente as necesidades da cidadanía e da sociedade, deseñar as respostas adecuadas a estas, entregar políticas e servizos apropiados e avaliar o resultado do seu desempeño. En definitiva, a análise e a explotación de datos permitirá impulsar a intelixencia do sector xustiza e, como consecuencia, aumentar a capacidade de desenvolver políticas e servizos sostibles a longo prazo que sexan tamén inclusivos e fiables.

O modelo novo proporcionará información relevante para a toma de decisións de actores moi diversos, impulsando as relacións tanto dentro como fóra do sistema de xustiza, fomentando a colexiación de esforzos e, en última instancia, favorecendo o consenso.

A cidadanía será a peza central do sistema e a principal destinataria do Servizo Público de Xustiza a fin de garantir a transparencia. Ademais, proporcionarase información relevante aos xestores públicos da xustiza, o que lles permitirá tomar decisións en materia de planificación, desenvolvemento e avaliación de políticas lexislativas adecuadas, así como en cuestións de organización e planificación estrutural.

Por outro lado, o sistema apoiará a todos os operadores, como xuíces, fiscais, LAX, avogados, procuradores, graduados sociais e demais persoal da Administración de Xustiza, mediante a oferta dunha perspectiva interna da xestión da xustiza a través dun sistema de información que ofreza respostas ás súas demandas de maneira rápida e sinxela e que, ao mesmo tempo, permita a simplificación e sistematización do seu traballo.

Da mesma maneira, este sistema poñerase a disposición do resto do sector público non relacionado co ámbito de xustiza de maneira directa dado que unha mellor comprensión das tendencias e implicacións no sector da xustiza facilitaralles a toma de decisións no proceso de definición das súas políticas públicas nos aspectos interrelacionados.

Volver á lista