Camiño de navegación

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Atrás 22. DEFENSA DO ESTADO DE DEREITO

22. DEFENSA DO ESTADO DE DEREITO

A Unión Europea está inmersa nun cambio que necesita un Estado de dereito forte en todos os Estados membros.

A calidade do Estado de dereito e o feito de contar cun Servizo Público de Xustiza eficiente aseguran os dereitos e liberdades, fomentan o desenvolvemento empresarial, o crecemento inclusivo e un clima apto para os investimentos.

Para logralo, Xustiza 2030 contempla unha arquitectura xurídica nova por medio de tres grandes leis que definirán o marco procesual, organizativo e dixital da transformación a fin de coadxuvar no fortalecemento do Estado de dereito.

Pola súa parte, a maioría de proxectos incluídos no Plan que apostan pola dixitalización, a intelixencia orientada ao dato ou o expediente xudicial electrónico son esenciais para fortalecer o Estado de dereito, sempre garantindo a seguridade xurídica dixital.

Todo isto no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. A Unión Europea fixo unha aposta clara pola xustiza como política panca.

Os fondos Next Generation EU traducen en proxectos unha concepción europea do que ten que ser a sociedade nas vindeiras décadas:

  • Como van ter lugar a transición ecolóxica e a dixitalización. 
  • Como conseguir que as estruturas novas sexan máis igualitarias.
  • Como garantir os dereitos da cidadanía e a protección das persoas máis vulnerables.

España reafirma o seu compromiso de ter en conta os ditames dos comités de dereitos humanos e de informalos do seguimento que se lles dá ás súas recomendacións no prazo acordado.

Para un mellor seguimento das ditas recomendacións, o Ministerio de Xustiza impulsou un protocolo marco para o seguimento dos ditames que emiten os comités expertos independentes recollidos nos tratados sobre dereitos humanos das Nacións Unidas.

Volver á lista