Camiño de navegación

Camiño de navegación

Publicador de contidos

null 27. ECOSISTEMA DIXITAL INTEROPERABLE

27. ECOSISTEMA DIXITAL INTEROPERABLE

A incorporación das tecnoloxías da información e da comunicación na Administración de Xustiza iniciouse e foi evolucionando a un ritmo diferente ao doutras administracións públicas. A medida que se foron transferindo competencias ás distintas comunidades autónomas, integráronse equipos e aplicacións informáticas nos xulgados dos seus territorios a fin de automatizar ao máximo as tarefas administrativas.

A principal novidade derivada do proceso modernizador consistiu na incorporación de sistemas de información na xestión dos procedementos xudiciais. Estes sistemas, a diferenza do simple tratamento de textos que eran basicamente as ferramentas ofimáticas anteriores, permitían a recollida, almacenamento, procesamento ou tratamento, mantemento, uso, uso compartido, distribución, posta a disposición, presentación ou transmisión da información xerada nas oficinas xudiciais. Estes sistemas de información denomináronse aplicacións ou sistemas de xestión procesual.

O problema aparece a raíz de que nin o ritmo nin o nivel de investimento dedicado ao obxectivo foron distintos nas administracións con competencias. Isto propiciou o desenvolvemento e a implantación de ata sete sistemas distintos con funcionalidades diferentes e non interoperables entre si.

No marco da cogobernanza nova, trátase de responder á necesidade de que se dispoña dun sistema de xestión procesual coas funcionalidades necesarias para prestar o servizo nas mellores condicións, independentemente do lugar onde se sitúe o tribunal. Ademais, ten que ser posible interoperalo plenamente co resto de oficinas xudiciais, operadores xurídicos e administracións públicas.

Volver á lista