Camiño de navegación

Camiño de navegación

Publicador de contidos

null 3. EDUCACIÓN XURÍDICA BÁSICA

3. EDUCACIÓN XURÍDICA BÁSICA

Cada sociedade enfróntase aos seus conflitos dunha maneira concreta. Tal e como mostran as enquisas, a sociedade española é unha sociedade cohesionada que adoita solucionar as súas diferenzas sen recorrer aos litixios desde o primeiro momento. O diálogo previo aos recursos xudiciais é unha aproximación cultural moi arraigada que convén fortalecer.
O obxectivo do proxecto é integrar o marco de resolución de diferenzas no proceso formativo desde as primeiras etapas. Se se garante que as xeracións vindeiras son capaces de atallar conflitos con ferramentas como o diálogo, a conciliación e a mediación, a cohesión mellorará desde idades temperás.

Os cambios nos modelos educativos están a darlle máis peso á formación en competencias. Isto senta as bases adecuadas para avanzar neste sentido. As liñas fundamentais que se tratarán son as seguintes:

•    Formación en dereitos, liberdades e responsabilidades adaptada aos distintos niveis educativos e a partir de primaria.
•    Aprendizaxe da resolución de diferenzas facendo referencia ao sistema público de xustiza.
Os resultados deste proxecto veranse a medio e longo prazo, cando as xeracións que se formen cheguen á idade adulta.
 

 

Volver á lista