Camiño de navegación

Camiño de navegación

Publicador de contidos

null 5. FORMACIÓN

5. FORMACIÓN

A transformación do marco profesional precisa o respaldo dunha estrutura formativa que dote de seguridade aos profesionais do presente e do futuro. Convén establecer unha conexión entre a formación universitaria, a formación para o acceso e o desenvolvemento profesional posterior mediante a formación permanente.
O Centro de Estudos Xurídicos (CEX) leva anos sendo o espazo de formación permanente dunha gran parte dos operadores de xustiza, como letrados, fiscais e forenses. Agora vaise potenciar e ampliar o seu papel a fin de prestarlles apoio formativo a eses e outros corpos no proceso de transformación da Administración de Xustiza.

Formación universitaria. A universidade é o espazo de formación dos futuros operadores da Administración de Xustiza, así que é fundamental integrar contidos na transformación que se está producindo. É necesario identificar os cambios e apoiar as universidades no seu proceso.
En primeiro lugar, é necesario integrar a formación para profesións novas. O impulso para introducir os MASC na Administración de Xustiza implica un aumento cuantitativo na demanda e precisará profesionais novos.
En segundo lugar, convén incorporar competencias novas para o desempeño laboral no contexto da dixitalización do ámbito xudicial. Isto é esencial tanto para o manexo de ferramentas dixitais como para asumir os cambios de procedemento que estas implican. Por exemplo, o aumento de sentencias orais desemboca na necesidade de fortalecer a linguaxe oral.
Finalmente, fomentarase a apertura de liñas de investigación novas. A xustiza orientada aos datos fornecerá unha fonte de información moi grande co potencial de abrir liñas de investigación. A evolución da sociedade móstrase nos datos que xera o Servizo Público de Xustiza, que se poñerán ao servizo da investigación.

Formación continua. Os cambios organizativos e a dixitalización da xestión procesual afectaranlles aos operadores, que precisarán apoio formativo. É preciso contar cun apoio formativo forte para transmitirlles certeza e seguridade aos profesionais no desempeño das súas funcións.
A velocidade da transformación e o contexto de redución da mobilidade que xerou a pandemia implican a necesidade dun sistema de extensión da formación ao alcance de todos os operadores, independentemente do seu lugar de residencia.
Vanse desenvolver catro liñas de traballo:

1.Potenciación da formación en liña. O obxectivo é chegar a máis persoas e facilitar o acceso á formación. Implica un cambio na metodoloxía e no modelo pedagóxico.

2. Incorporación de competencias novas á formación para o acceso.

3. Reorientación dos cursos de formación permanente. Ampliar as temáticas e perfeccionar a detección de necesidades para satisfacer as esixencias do proceso de cambio dos contidos, implantar un modelo de blended learning que combine a formación en liña con encontros presenciais, levar o campo da formación a outros operadores e perfís profesionais novos, incluír o persoal da Administración de Xustiza e as comunidades autónomas con competencias transferidas en cogobernanza no ámbito da formación etc.

4. Un espazo de debate mediante mesas, conferencias e traballos que se abra ao conxunto da sociedade e enlace a formación dos operadores coa axenda social.

Por un lado, o proxecto precisa a cooperación do CEX con outras institucións públicas orientadas á formación, coma o INAP ou o INTEF a fin de xerar sinerxias e mellorar a eficiencia. Por outro lado, convén fomentar a cooperación coas administracións autonómicas que precisen apoio para formar os profesionais da xustiza nos seus territorios.
 

Volver á lista