Camiño de navegación

Camiño de navegación

Publicador de contidos

null 13. LEI DE EFICIENCIA PROCESUAL DO SERVIZO PÚBLICO DE XUSTIZA

13. LEI DE EFICIENCIA PROCESUAL DO SERVIZO PÚBLICO DE XUSTIZA

A eficiencia procesual desenvólvese a partir dunha análise lineal do Servizo Público de Xustiza. A partir dese punto, o proxecto ten tres compoñentes:

Unha Lei de eficiencia procesual do Servizo Público de Xustiza como resposta directa á pandemia pero orientada á axilización da actividade da Xustiza en termos estruturais. Introduce reformas das leis procesuais, polo que aumenta a axilidade, a celeridade e a eficiencia. Xeneralízase a celebración de vistas e outro tipo de declaracións mediante videoconferencia e regúlanse os sistemas de autenticación e identificación a fin de reducir o desprazamento da cidadanía e dos profesionais ás sedes dos xulgados e tribunais. Así, evítase a concentración de persoas nas oficinas xudiciais. Finalmente, foméntanse Medios Adecuados para a Solución de Controversias (MASC) como elemento de cohesión social mediante o establecemento dunha estrutura de incentivos máis efectiva.

Un plan de implantación dos Medios Adecuados de Solución de Controversias. A mediación e a conciliación usáronse como ferramentas alternativas ou preprocesuais na Administración de Xustiza e con perfil baixo. Agora vaise impulsar o seu desenvolvemento. Por un lado, preténdese reducir o número de conflitos que chegan á xurisdición mediante a redución dos tempos de atención. Por outro lado, facilitarase a resolución de problemas coa menor conflitividade posible como forma de contribuír á cohesión social do país.

O peso de ámbolos dous obxectivos aumenta no contexto da pandemia, onde se incrementan os litixios e a incerteza é unha fonte de tensión na sociedade. Ademais, agora a execución é máis rápida. O desenvolvemento dos MASC supón o impulso de ferramentas organizativas e dixitais novas e da lexislación que as ampara. Alén diso, convén ampliar o campo profesional.

As liñas do proxecto son as seguintes:

  1. Operadores para os MASC: homologación e formación, orientación de funcións.
  2. Organización do servizo.
  3. Incorporación física aos tribunais e ás oficinas de xustiza.
  4. Financiamento. Lígase estreitamente co proxecto 1. Acceso universal na medida na que os MASC se poidan considerar unha posibilidade dentro da xustiza gratuíta.

Desenvolvemento da Solución de Controversias en Liña (ODR, Online Dispute Resolution) para dispor dun acceso sinxelo a mecanismos de solución de controversias e da posibilidade de acceder desde calquera sitio coa conseguinte redución de custos en infraestruturas e medios. Xa existen plataformas de ODR, o obxectivo é ordenar as ferramentas, facer e que se coñezan e conseguir que sexan accesibles dentro do Servizo Público de Xustiza.

Volver á lista