Camiño de navegación

Camiño de navegación

Publicador de contidos

Atrás 20. ATENCIÓN Á CIDADANÍA

20. ATENCIÓN Á CIDADANÍA

Este proxecto divídese en tres subproxectos. Cada un é unha ponte distinta á xestión integrada da Administración.

Cita previa. Con este proxecto quérese habilitar unha canle nova de atención dos cidadáns e profesionais no ámbito xudicial que permita a atención de maneira ordenada e que se integre con outras canles novas de atención baseadas na inmediación dixital.

Desta maneira, os órganos xudiciais, os rexistros civís, as xerencias territoriais e as oficinas de asistencia ás vítimas poderán acceder mediante os sitios web corporativos a un sistema de cita previa baseada no concepto de trámites cidadáns/profesionais e a sedes onde se pode obter a dita atención. Con isto, o administrado poderá escoller o día e a quenda que máis lle conveñan.

Este sistema é complementario ao que se usa para interactuar coa cidadanía. Desta maneira, os propios responsables de cada sede poderán asignar citas para os casos nos que, por particularidades propias da súa atención, reciban as peticións por vías distintas.

A cita previa está ligada con outros proxectos, como a inmediación dixital e o teletraballo. En conxunto, permiten establecer mesas virtuais desterritorializadas de atención por videoconferencia. Por iso, impúlsase un paradigma novo de experiencia do usuario na atención tradicional da Administración de Xustiza.

Un cidadán poderá solicitar unha cita e o sistema detectará automaticamente se está dado de alta no sistema Cl@ve. Habilitaralle a posibilidade de obter a cita co trámite por videoconferencia, o que lle aforra o desprazamento. Esta videoconferencia usará os sistemas de inmediación dixital para poder verificar a súa identidade con seguridade xurídica. Nunha segunda fase, tamén poderá asinar por videoconferencia. Esta atención tamén se poderá prestar desde a sede física do edificio administrativo. Dada a integración do sistema de videoconferencia co de teletraballo, tamén será posible que un funcionario que non está fisicamente no edificio atenda o cidadán.

Carpeta cidadá. A carpeta xudicial cidadá será o espazo privado que facilitará a relación dos cidadáns coa Administración de Xustiza. Ofrecerá, entre outras funcionalidades, información sobre o estado dos expedientes, acceso ás notificacións pendentes e a opción de comparecer nelas, xestionar os apoderamentos ou consultar os datos en poder da Administración de Xustiza.

Esta carpeta contará cunha ponte interoperable coa carpeta cidadá da Administración Xeral do Estado, de maneira que a cidadanía e os operadores poidan acceder facilmente aos seus rexistros, certificados, datos e estado das súas xestións.
 
Notificación electrónica. Esta iniciativa permite que as notificacións enviadas ás partes que interveñen por correo certificado a través do Centro de Impresión e Ensobrado (CIE) da Axencia Tributaria (AEAT) estean dispoñibles de maneira electrónica na carpeta cidadá.

O sistema disporá das seguintes funcionalidades:

  • Dispoñibilidade da notificación na carpeta cidadá grazas á integración con Notific@. Ademais, poderá chegar por correo ao domicilio da parte que intervén.
  • Xestión de acuses de recibo da notificación electrónica. 
  • Integración co sistema de xestión procesual.

As vantaxes que lle achegará ao sistema son o aforro de papel e tempo, evitando a impresión das notificacións nos órganos xudiciais.

Volver á lista