Camiño de navegación

Camiño de navegación

Publicador de contidos

null 7. ACCESIBILIDADE DE GRUPOS VULNERABLES

7. ACCESIBILIDADE DE GRUPOS VULNERABLES

En principio, incidirase en dous ámbitos, que se estableceron tendo en conta o contexto e analizando as necesidades e a posible repercusión dos cambios.
Accesibilidade e envellecemento. Case o 20 % da poboación española ten máis de 65 anos. Unha parte importante desta pódese considerar analóxica. A dixitalización profunda e rápida que se vai producir na Administración de Xustiza pode xerar un proceso de exclusión das persoas analóxicas no plano cultural. É necesario crear instrumentos estruturais para superar esta fenda dixital.
Por outro lado, a xustiza sempre foi un espazo pouco accesible para as persoas maiores, que adoitan acudir a ela aínda que o precisen. Neste sentido, convén poñer en marcha mediacións institucionais e procedementos adaptados que faciliten o seu uso.
A oficina de xustiza nos municipios é un instrumento que vai incorporar parte das accións deste proxecto. Ademais, é unha vía de accesibilidade sinxela e permanente para as persoas maiores.

Accesibilidade e discapacidade. Vanse desenvolver accións orientadas a colectivos con discapacidades físicas, psíquicas ou sensoriais a fin de garantir a accesibilidade á xustiza. O 1 % da poboación española conta con algunha discapacidade intelectual. Estas porcentaxes reflíctense no ámbito xudicial. Segundo un estudo recente de Plena Inclusión, o diagnóstico do 49 % de persoas con discapacidade intelectual que chegou ao cárcere emitiuse no mesmo cárcere. Aproximadamente un 3,3 % dos casos detéctase na vista. Convén desenvolver accións concretas para que estas persoas accedan aos seus dereitos e non se vexan freadas por problemas de accesibilidade e comprensión.
Precísanse modificacións e adaptacións necesarias e adecuadas no contexto do acceso á xustiza, cando sexan precisas nun caso concreto, para garantir que as persoas con discapacidade participan en igualdade de condicións.

As liñas que se desenvolverán son as seguintes:

  • Adaptar a linguaxe xurídica á lectura sinxela, ao braille e á lingua de signos. Adaptar as sedes xudiciais para garantir a accesibilidade.

  • Impartir formación específica a avogados, procuradores, peritos ou graduados sociais para facilitar o acceso á xustiza tendo en conta as barreiras que poidan emerxer como consecuencia de distintos tipos de discapacidade.

  • Empregar a tecnoloxía para facilitar o acceso tanto de profesionais como de usuarios con diversidade funcional.

  • Afondar na función dos facilitadores. Cando é preciso, estas persoas traballan cos membros do sistema de xustiza e as persoas con discapacidade para garantir que a comunicación sexa máis eficaz nos procedementos. Axúdanlles ás persoas con discapacidade a entender e tomar decisións informadas. Para iso, asegúranse de que as cousas se explican e se falan de maneira que se entendan e de que se fornecen as adaptacións e os apoios adecuados. Non falan en nome das persoas con discapacidade nin do sistema de xustiza, nin tampouco dirixen as decisións.

  • Hai que desenvolver este proxecto en colaboración coas organizacións do ámbito da discapacidade para analizar que tipo de accións se incorporarán no Servizo Público de Xustiza, xa sexan formativas ou ferramentas de xestión.
     

Volver á lista