Camiño de navegación

Profesionais da Xustiza

O núcleo do programa é concederlles seguridade aos operadores xurídicos no proceso de transformación para reducir a incerteza.

A transformación non supón en ningún caso a redución do número de persoas que integran a Administración de Xustiza. Porén, supon un cambio no desempeño profesional. A dixitalización de ferramentas e procesos está acompañada dunha reorientación no desenvolvemento das competencias profesionais, que evolucionarán para encargarse de actividades diferentes. Convén redeseñar o marco profesional tanto polo paso ás ferramentas dixitais, o teletraballo e os xuízos telemáticos, que esixen competencias distintas, como polos desafíos novos que se nos presentan.

Hai que formar os operadores para que conten con seguridade no presente e no futuro, para que accedan con capacidades adquiridas previamente e adecuadas á transformación. A rapidez do proceso obriga a desenvolver a formación en liña tanto como sexa posible.

Por último, o marco novo de teletraballo e traballo deslocalizado xera condicións distintas que posibilitan accións decididas no relativo á igualdade e á conciliación.